Publicadas as bases reguladoras para a concesión de subvencións relativas ao Plan Renova o teu vehículo (IN421U), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN421T).
Persoas beneficiarias: Persoas físicas e autónomas ou empresas.
Vixencia do plan: Ata o 15 de decembro de 2026 dos convenios de colaboración formalizados coas entidades colaboradoras adheridas, e finalizará o 30 de setembro de 2026 ou ata que se esgoten os fondos.
Actuacións subvencionables: Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os seguintes requisitos e teñan un custo inferior ou igual a 42.000,00 euros (impostos incluídos), este límite de custo amplíase a 47.000,00 euros (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000,00 euros adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a utilización de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas, cun máximo de 6.000,00 euros adicionais por vehículo. Establécense as seguintes categorías de proxectos en función do vehículo adquirido:
| Categoría proxecto | Vehículo novo adquirido |
| Tipo 1 | Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 99 g CO2/km |
| Tipo 2 | Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km |
| Tipo 3 | Furgonetas (N1) con emisións iguais ou inferiores a 110 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 180 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg |
Incompatibilidade das subvencións: As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
Prazos: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 22 de xaneiro de 2026, ás 9:00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2026, ás 20.00 horas ou cando se esgoten os fondos. A adquisición do vehículo obxecto da subvención e o achatarramento do vehículo que se renova poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2026.
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión dos concesionarios comezará o 02 de xaneiro de 2026, e rematará o 15 de setembro de 2026, ás 20:00 horas.
Cantidade: A axuda máxima en función do tipo de proxecto:
| Tipo de proxecto | Axuda Inega (€) | Axuda adicional familias numerosas (€) | Desconto concesionario (€) | Total (€) (*) |
| Tipo 1 | 3.000 | 600 | 1.000 | 4.000/4.600 |
| Tipo 2 | 2.000 | 400 | 1.000 | 3.000/3.400 |
| Tipo 3 | 2.000 | 400 | 1.000 | 3.000/3.400 |
(*) A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os que a axuda do Inega se incrementa un 20 %