Ata o 27 de outubro: Inscrición nas probas libres para obter o certificado intermedio de competencias dixitais

0

As probas convocadas permiten conseguir o certificado galego en competencias dixitais (ComDix) mediante a realización dun exame de certificación específica para validar os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias.

Datas e realización das probas: As probas desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de 2025. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II da orde reguladora, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.

Localidade Provincia Día Hora Prazas
San Sadurniño Coruña, A Mércores, 3 de decembro 12:00 10

Itinerario formativo: Preparación das probas de certificación de nivel intermedio ponse ao dispor das persoas interesadas un material de apoio conformado polos seguintes temas.

Temas
• Consulta e xestión da información dixital
• Comunicación e colaboración
• Creación de contidos dixitais
• Benestar dixital: seguridade e privacidade
• Contorna dixital e resolución de problemas

O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

Solicitudes de participación e prazo de inscrición: As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Prazo de inscrición: ata o 27/10/2025.

Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou horario.

 Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de persoas excluídas.

Exención do pagamento de taxas de exame: A matriculación na presente convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.

Ligazón á convocatoria

 

Share.