Ata o 13 de outubro: subvencións para a certificación co Q de calidade turística e o S de sustentabilidade

0

A Xunta convoca unha liña de subvencións para establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), para o ano 2025 (código de procedemento TU970A) 

Persoas beneficiarias: As persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

Actuacións subvencionables: Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTES. Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q e/ou da marca S no ano 2025.

Prazo de solicitude: ata o 13/10/2025.

Tipoloxía: a fondo perdido e en concorrencia competitiva

Cantidade: A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base á puntuación que alcancen os proxectos presentados, segundo se detalla a continuación:

Puntuación % axuda Q & S
71-100 puntos 70 %
41-70 puntos 65 %
0-40 puntos 60 %

En calquera caso, as subvencións concedidas non poderán superar os seguintes límites máximos:

  • 2.000 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q.
  • 1.500 euros para os procesos de 1º e/ou 2º seguimento da marca Q.
  • 2.000 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca S.

Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multisite, o importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 4.000 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q, 3.000 euros para os procesos de 1º e 2º seguimento da marca Q e 4.000 euros para procesos de 1ª certificación e ou renovación da marca S.

Ligazón á normativa

Share.