Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia (2025), co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade familiar a través de achegas económicas para persoas traballadoras que reduzan a súa xornada laboral para o coidado de fillos/as menores. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) dentro do Programa Galicia 2021-2027.
Persoas beneficiarias: Preferentemente homes traballadores que reduzan a súa xornada para o coidado de fillos/as, e tamén mulleres en casos de familias monoparentais e parellas do mesmo sexo.
Requisitos principais:
- Estar empadroado/a en Galicia.
- Ser traballador/a por conta allea (empresa privada ou administración pública).
- Reducir a xornada entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025.
- Ter ao cargo un fillo/a menor de 3 anos, ou menor de 12 anos con discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Convivir co/a menor durante o período subvencionable.
- Redución mínima da xornada: 12,5 %.
- Limite de ingresos da unidade familiar: ata 7 veces o IPREM.
Importe da axuda: Depende da porcentaxe de redución de xornada, duración (máximo 8 meses) e número de fillos/as menores de 12 anos:
| Redución de xornada | 1 fillo/a | 2 fillos/as | 3 ou máis |
|---|---|---|---|
| 12,5 % – 25 % | 1.700 € | 2.000 € | 2.300 € |
| 25 % – 37,5 % | 2.800 € | 3.100 € | 3.400 € |
| Superior a 37,5 % | 3.100 € | 3.400 € | 3.700 € |
Prazo de solicitude: Un mes contado desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (14 de xullo de 2025).
Como solicitar: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Máis información: Documentación, modelos e máis detalles na web de Igualdade da Xunta de Galicia:
https://igualdade.xunta.gal