Ata o 28 de xullo: Axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas para o ano 2025 (MR404A e MR405F)

0

Convocadas as axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas mediante os seguintes procedementos administrativos:

a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.

b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións. Explotacións agrarias.

MR404A – Establecemento de persoas agricultoras mozas

As persoas destinatarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda (excepción para a incorporación nunha forma xurídica).

c) Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.

d) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

e) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento.

f) Presentar un plan empresarial.

g) Permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.

h) Participar no programa de titorización a persoas agricultoras mozas que presta a Consellería do Medio Rural.

i) Non ter concedida unha axuda por primeira instalación. No caso de tela, ter renunciado.

1. O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos seguintes criterios:

a) 10.000 euros por ser muller.

b) 10.000 euros por explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.

c) 10.000 euros por explotación de agricultura ecolóxica.

d) 10.000 euros por titularidade compartida.

No suposto de que se instalen varias persoas simultaneamente na mesma explotación, os incrementos establecidos nas alíneas b), c) e d) repartiranse a partes iguais entre as persoas que se instalen.

2. No caso de incorporación en explotacións intensivas, a axuda limitarase a 30.000 euros.

MR405F – Axudas a investimentos en modernización e/ou mellor de explotacións agrarias

As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser unha persoa moza que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas convocadas nestas bases reguladoras.

b) Ter polo menos 18 anos de idade, no caso de persoas físicas.

c) Ter capacitación profesional suficiente

d) Que a súa actividade principal sexa a agraria.

e) Exercer a actividade agraria na explotación, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos.

f) A solicitude ten que ser viable economicamente.

g) Non ter ningún expediente da axuda da submedida 4.1 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas do PDR de Galicia 2014-2020.

h) Non ter concedida unha axuda pola mesma subintervención.

Investimentos elixibles: os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoña unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.

b) Compra de construcións agrarias en desuso ou de construcións adquiridas a través da transmisión dunha explotación agraria coa intermediación do Banco de Explotacións.

c) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude froiteira (árbores e arbustos froiteiros).

d) A compra de terreos conforme o establecido no artigo 73.3.c) do Regulamento (UE) 2021/2115.

e) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados poderán comprender gastos xerais, licencias de software u outros permisos

Establécese o seguinte importe de investimento elixible mínimo: 15.000 euros.

NON serán subvencionables:

a) A compra de dereitos de produción agrícola.

b) A compra de dereitos de pagamento.

c) A compra de terras por un importe superior ao 10 % do gasto total elixible.

d) A compra de animais.

e) A compra de plantas anuais e a súa plantación.

f) O IVE, as taxas, licenzas administrativas ou outros impostos.

g) Os xuros de débeda e os seus gastos.

h) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.

i) Os gastos de procedementos xudiciais.

j) Os de simple substitución.

k) Os de segunda man.

l) Os de carácter forestal.

m) Os de transformación e comercialización.

n) Os custos de conservación e mantemento ou os derivados das actividades de funcionamento da explotación, como é o caso dos materiais funxibles.

1. O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación de determinados criterios establecidos na orde.

2. A contía máxima da axuda establécese en: 75.000 euros/uta, cun máximo de 250.000 euros/beneficiario.

Poderá destinarse, como máximo, un 30 % deste importe á adquisición de maquinaria agrícola.

Prazo de solicitude para ambos procedementos: ata o 28/07/2025.

Enlace á normativa

Share.