Axudas en concorrencia competitiva a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques de lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos).
Persoas beneficiarias: As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
Actuacións subvencionables: Subvencionaranse a adquisición e a instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde. NON SERÁN OBXECTO DE SUBVENCIÓN o imposto sobre o valor engadido (IVE) nin o transporte dos materiais e a man de obra para a instalación dos valados fixos.
Adquisición e instalación de valados fixos:
1. Valados fixos electrificados: Os valados fixos electrificados terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde. Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 15 e 30 reses de gando menor ou de entre 5 e 10 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses. O importe máximo da axuda será de 3,5 € por metro lineal ata un máximo de 1.750 € por valado, IVE excluído.
2. Valados fixos con malla gandeira ou cinexética metálica: Os valados fixos con malla gandeira ou cinexética terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I de especificacións técnicas desta orde. Subvencionarase un cercado por cada rabaño de entre 25 e 50 reses de gando menor ou entre 10 e 20 reses de gando maior e un máximo de 2 cercados por explotación cando se supere o número das ditas reses.
Prazo de solicitude: ata o 23/01/2025.
O importe máximo da axuda será de 4,5 € por metro lineal ata un máximo de 4.500 € por valado, IVE excluído.