6, 7 e 13 de maio: GEOLODÍA 2017

0

A Sociedade Xeolóxica de España organiza para os días 6 e 7 de maio o denominado Geolodía 2017, co que se pretende promover o coñecemento da xeoloxía e da profesión asociada a esta disciplina. Son excursións de campo por zonas de interese que se acompañan das explicacións de profesionais nesta disciplina, como é o caso do xeólogo Francisco Canosa.

Tanto el como varias persoas voluntarias da Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal encargaranse de organizar esta cita na nosa zona, que aquí se desenvolverá en tres veces –o 6, o 7 e tamén o 13 de maio– cunha ruta polos concellos de San Sadurniño, Neda e A Capela.

Serán viaxes gratuítas en autobús con dúas paradas en cada un destes municipios para observar do patrimonio xeolóxico, como é o caso da ruta das Pías que comprende o val do Castro á altura do Castelo de Naraío e o alto do Forgoselo.

As prazas son limitadas e os xeitos de inscribirse son os seguintes:
-Cubrindo o formulario dispoñible nesta ligazón, que se activará o 6 de abril ás 21.00h..  É importante ter en conta que a organización irá enchendo os días a medida que vaian chegando peticións a través do formulario.  Primeiro as do día 6 de maio e, tan pronto se completen, pasarase ás peticións para o 7. Unha vez que se cubra o cupo dese día empezarase a apuntar para o día 13. Non é posible, polo tanto, reservar praza por adiantado para os días 7 e 13.
-Outro xeito de inscribirse é chamando a partir do 6 de abril ao Concello (981 490 027 e preguntar por Ignacio Fernández). Non se anotará ninguén antes de que se active o formulario en liña, único punto de entrada válido das inscricións tamén para os concellos.

Puntos e horarios de saída do Xeolodía:
9.00h. A Capela, diante da Casa do Concello 
9.30h. Neda, diante da Casa da Cultura
10.00h. San Sadurniño, diante da Casa do Concello

A ruta en si mesma comezará en San Sadurniño e finalizará na Capela xa pola tarde. Para a volta o bus parará na Capela ás 18.00h., ás 18.30 en Neda e ás 19 en San sadurniño. Ás 14.00h. farase unha parada para xantar na área recreativa de Río Cuberto, preto de Formariz, onde non hai bar nin restaurante. Cadaquén debe levar a súa comida e bebida.

Estímase que ao longo do día se percorrerán uns 3 quilómetros a pé por lugares de dificultade media-baixa. Con todo é recomendable levar calzado cómodo e que protexa os nocellos. Tampouco está de máis un caxato, gorro, roupa transpirable e crema solar se o día está claro.

Organiza: Asociación de Amigos do Parque xeolóxico do Cabo Ortegal
Coordinan: Sociedad Geológica de España, Asociación Española para la enseñanza de las ciencias de la Tierra (AEPECT), Instituto Geológico y Minero de España.
Financian: Concello de San Sadurniño, Concello de Neda, Concello da Capela e Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT, Ministerio de Economía, Industria y Comercio)

 

Share.