Telemática Galicia ofrece en xaneiro 15 cursos gratuítos en liña que xa teñen aberto o prazo de inscrición

0

A empresa naronesa Telemática Galicia (Telegal), especializada en formación, está impartindo un curso de capacitación para a Docencia da Formación profesional para o emprego. Agora, na recta final da formación, cada participante debe planificar e levar a cabo a súa propia acción traballando con contidos e alumnado real. E aí entra a área municipal de Desenvolvemento local, quen colabora coa empresa na difusión e na captación de persoas que queiran aprender múltiples cousas por medio de 15 cursos gratuítos en liña -agás un- que se desenvolverán, dependendo das materias, desde o 7 e desde o 18 de xaneiro. O catálogo de cursos, denominado “Formación en tempos de COVID” está dispoñible a través desta ligazón, onde tamén se poden facer as inscricións. Cómpre apurar, xa que as prazas son limitadas.

Os contidos son moi variados e están todos orientados a cuestións moi útiles na nosa vida diaria. Veranse aspectos administrativos, como por exemplo a realización da declaración da renda ou o uso de distintas sedes electrónicas, pero tamén outros relacionados en certa medida co ámbito social. Neste último apartado entrarían as accións formativas sobre mediación familiar e escolar, a de igualdade e linguaxe non sexista, a de ximnasia de mantemento para persoas con discapacidade e, por último, a de calidade de vida para persoas enfermas de Alzhéimer, cuxa estrutura se recolle neste vídeo.

Porén, entre as propostas formativas tamén hai varias opcións pensadas para potenciar a persenza en internet de pequenos negocios ou incluso para mellorar as posibilidades de atopar un traballo. Dentro deste capítulo atopamos un curso para crear cooperativas de traballo asociado, outro de escaparatismo e redes sociais, outro que se centra na posta en marcha de tendas virtuais e tres máis que se ocupan de mostrarnos vías para a motivación e o emprendemento, para o deseño dun currículum en LinkedIn que nos axude a crear a nosa marca persoal e para aprendermos mecanografía de maneira doada e ao noso ritmo.

Fóra destes dous grandes apartados temos, para completar o catálogo formativo en liña, un curso de introdución ao guión audiovisual e outro sobre ferramentas de organización do fogar ou dun negocio. O único curso que será presencial -do 14 ao 15 de xaneiro- desenvolverase en San Sadurniño cun programa de 10 horas. Nel falarase -e verase na práctica- como lavar e limpar correctamente un vehículo, achegando ademais varios trucos de detallado (o coñecido como “detailing”) para que o resultado final sexa espectacular.

As inscricións en todos estes cursos son gratuítas e poden facerse en liña a través das ligazóns que hai no seguinte cadro. A primeira tandada comeza o día 7 de xaneiro e a segunda arrancará o 18. Con todo, quen teña interese en calquera destas accións formativas debe irse anotando xa debido a que en cada unha delas hai límite de prazas.

Curso

Horas

Inicio

Fin

Modalidade

Inscricións

Aprende a facer a declaración da renda

35

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Trámites administrativos nas Sedes Electrónicas

20

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Calidade de vida para persoas con Alzhéimer

30

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Creación de cooperativas de traballo asociado

25

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Crea a túa propia tenda en liña

35

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Motivación e desenvolvemento persoal. Emprendemento

25

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Optimiza o teu currículum e crea a túa marca persoal en LinkedIn

25

07/01/2021

15/01/2021

Teleformación

Formulario

Limpeza e detallado de vehículos

10

14/01/2021

15/01/2021

Presencial

Formulario

Igualdade e linguaxe inclusiva e non sexista

20

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Escaparatismo e imaxe de marca en Redes Sociais

30

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Actividade física para persoas con discapacidade

25

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Mediación familiar e escolar

15

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Iniciación ao guión audiovisual

30

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Mecanografía

20

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Ferramentas de calidade, orde e organización para o fogar e o negocio

20

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Share.