A pista polideportiva da Torre, en Igrexafeita, acollerá o día 20 o xantar de colaboración coas festas do Biscordel que se celebrarán no mes de setembro. A sesión vermú comezará ás 14:00 da man de Nuria Boreal, e a comida servirase ás 15:00. O menú inclúe polbo, churrasco mixto con crioulos, sobremesa, bebida, café e un licor, todo servido polo restaurante O Paso de Candamil.
Os tickets poden adquirirse até o 16 de xuño na parrillada María Queira (Igrexafeita), no Bar Ferreira (A Chabola), no Bar O Palacio (San Sadurniño) e no Bar O Campo (Naraío). O prezo é de 37 € para persoas adultas, 15 € para crianzas entre 7 e 12 anos, e de balde para menores de 7.
Ao rematar o xantar, a celebración continuará cun espazo de xogos inchables para a rapazada e máis música a cargo da solista. O evento organízao a Comisión de Festas do Biscordel, coa colaboración da AVV Adiante e de varios establecementos da zona. Haberá carpa.