Xunto coas condicións xa citadas, as persoas que queiran participar tamén deben cumprir estoutras:
-Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
-Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
-Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
Os lugares elixidos para as estadías son o albergue xuvenil de Gandarío -situado ao pé desta praia de Bergondo- e a residencia de tempo libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra). Débese mirar ben en cal dos dous se solicita praza, xa que ambos teñen características distintas -Gandarío pode acoller persoas con mobilidade reducida-, programas diferentes e quendas que varían. En total ofértanse 150 prazas por un prezo de 125 , que se rebaixa a 62,5 se se ten to título de familia numerosa ou a 93,75 co Carné Xove.
Destinos | Actividade | Idades | Datas | Nº de prazas | Prezo |
---|---|---|---|---|---|
Albergue Xuvenil de Gandarío, Bergondo (Adaptado para persoas con mobilidade reducida) |
Natureza xunto ao mar | 11-14 anos | do 1 ao 10 de agosto | 15 |
125 eur. |
15-18 anos | do 11 ao 20 de agosto | 25 | |||
19-25 anos | do 11 ao 20 de agosto | 30 | |||
26-40 anos | do 20 ao 29 de agosto | 30 | |||
Residencia de Tempo Libre Panxón, Nigrán. | Teatro e aventuras na natureza | 11-14 anos | do 1 ao 10 de xullo | 10 |
125 eur. |
15-18 anos | do 1 ao 10 de xullo | 10 | |||
19-25 anos | do 1 ao 10 de setembro | 15 | |||
26-40 anos | do 1 ao 10 de setembro | 15 |
A adxudicación das prazas farase tendo en conta as seguintes prioridades:
-As persoas que non participaran en anos anteriores.
-As que residan habitualmente no domicilio familiar fronte ás que están acollidas en centros residenciais.
-Pola súa idade, se este fose o último ano que poderían participar nun campamento deste tipo.
-No caso de empate, terán prioridade as persoas con maior porcentaxe de discapacidade. Se segue habendo empate, terán a praza as persoas que presentaron antes a solicitude.
Documentación que cumprirá presentar:
–Folla de solicitude
–Informe médico
-Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
-Unha fotografía tamaño carné.
-As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén o xustificante de ter pagado, a copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado e un informe médico actualizado no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.
As solicitudes hai que tramitalas na Consellería de Política social ou a través do departamento municipal de Servizos Sociais. O prazo finaliza o 30 de abril. Para obter máis información tamén se pode chamar ao Concello -981 490 027 ext.1-, ao teléfono gratuíto 900 333 666 ou mandarlle un correo de consulta a autonomiapersoal.sxps@xunta.es.