Actualización da bolsa de emprego do SAF correspondente a febreiro

0
incorporación -unha delas foi rexeitada- e cinco peticións de actualización da puntuación por méritos. Hoxe publicouse a relación que, polo momento, é provisional á espera de que nos próximos cinco días poida presentarse algunha alegación. Unha vez superado este prazo haberá unha xuntanza da comisión formada por persoal municipal que se ocupará de reordenar a lista atendendo á experiencia laboral e a formación tanto das persoas aspirantes a entrar na bolsa como das que xa están nela.

Deste xeito a listaxe de contratación do SAF quedará fixada ata a próxima actualización, que se realizará no mes de xuño. Aquelas persoas que queiran formar parte da bolsa teñen desde agora e ata o 5 dese mes para presentar a súa solicitude, incorporando as titulacións ou formación da que dispoñan. Porén, a de xuño non será a última convocatoria posto que a lista se modifica tres veces no ano con novas incorporacións ou coa actualización dos puntos de quen xa forma parte dela sempre que achegue máis méritos ou expencia desde a última baremación. Así, a última quenda do ano iniciarase o 5 de outubro, data límite de presentación de solicitudes para optar a entrar nas listas en 2016.

Documentación descargable
Resolución de solicitudes admitidas e excluídas febreiro 2016

Share.