Orzamentos

Os orzamentos municipais son o resume das previsións de ingresos e gastos durante o exercicio anual. Entran en xogo moitas variables: o custe dos salarios do persoal, as variacións dos prezos dos combustibles e da electricidade, as transferencias que veñen doutras administracións, os prezos finais que terán as obras, as previsións de ingresos en concepto de taxas e impostos municipais… Hai que ter en conta todos estes aspectos -e moitos máis- para deseñar unhas contas que respondan ás necesidades de todo o territorio e que, ademais, manteñan o equilibrio entre o que se ingresa e o que se ten previsto gastar.

As contas do ano 2023 quedaron en 3.682.350,25 € tanto nas previsións de ingresos como de gastos. Unhas cifras que soben un 16,16% con respecto ás de 2022 e que aínda serán maiores ao remate do ano pola incorporación de máis fondos procedentes de programas provinciais e autonómicos cuxo importe se descoñecía no momento de aprobar inicialmente as contas no pleno do 30 de marzo de 2023.

  • Descarga desde aquí o documento completo aprobado en pleno

Cadro resume dos orzamentos 2023 e comparativa con respecto aos de 2022

ORZAMENTO 2023: RESUME COMPARATIVO POR CAPÍTULOS
INGRESOS 2022 2023 %DIF GASTOS 2022 2023 %DIF
1. Impostos directos 705.528,33 729.000,00 3,33% 1. Gastos de persoal 1.299.010,16 1.356.487,58 4,42%
2. Impostos Indirectos 30.000,00 30.000,00 0,00% 2. Gastos correntes 1.035.805,46 1.548.650,98 49,52%
3. Taxas, prezos públicos
e outros impostos
370.000,00 470.000,00 27,03% 3. Gastos financeiros 100,00 2.635,00 2.535%
4. Transferencias correntes 1.568.216,95 2.020199,27 28,82% 4. Transferencias correntes 170.000,00 162.590,00 -4,36%
5. Ingresos patrimoniais 100,00 100,00 0,00%
6. Alleamento investimentos
reais
10.000,00 0,00 -900% 6. Investimentos reais 650.000,00 571.586,69 -12,06%
7. Transferencias de capital 486.070,34 433.050,98 -10,91% 7. Transferencias de capital 15.000,00 40.400,00 169,33%
8. Pasivos financeiros 0,00 0,00 0,00% 8.Pasivos financeiros 0,00 0,00 0,00%
TOTAL 3.169.915,62 3.682.350,25 16,16% TOTAL 3.169.915,62 3682.350,25 16,16%