No DOG núm. 176, do 12 de outubro, publicouse a resolución do 1 de setembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, da segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2025. Son as seguintes:
– Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada:
- 15 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P e Q.
- 16 de novembro de 2025, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C, D e E.
– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada:
- 22 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.
– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada:
- 23 de novembro de 2025, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).
As probas comezarán ás 9.00 horas, de xeito que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade. Na web tamén se publicará (na semana das probas correspondentes) a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.
Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta se realizará o mesmo día que a proba escrita.