Ata o 30 de outubro: solicitude de roba en liña para obter o CELGA 4

0

A Xunta convoca a proba de certificación CELGA 4 da lingua galega. Un certificado con validez legal para acreditar o coñecemento da lingua en procesos selectivos que así o requiren, como os que se desenvolven en Concellos, Deputacións e outras administracións públicas galegas.

Persoas destinatarias e número de prazas: Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras. O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de cen (100).

Data de realización da proba: A proba terá lugar no cuarto trimestre de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. A data concreta será debidamente publicada no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).

Realización da proba: Precisarase ter capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña. Os requisitos mínimos do equipamento informático veñen detallados no punto 4.4 da resolución desta convocatoria.

Presentación da solicitude: Obrigatoriamente mediante a presentación electrónica das solicitudes, que se realizará a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As persoas que desexen participar nesta convocatoria tamén deberán presentar unha solicitude de inscrición na proba a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua (https://formacion-lingua.xunta.gal). Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela.

Prazo de solicitude: ata o 30/10/2025 ás 23:59h.

Enlace á convocatoria

Share.