Ata o 3 de outubro: Solicitude de participación na segunda convocatoria do CELGA

0

Aberto o prazo de inscrición para realizar a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2025.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal).

Lugar de celebración en Galicia

Localidade Nivel
Santiago de Compostela Celga 2 Celga 3 Celga 4

 

Prazo de inscrición: ata o 03/10/2025.

Ligazón á convocatoria

 

 

Share.