As probas convocadas permiten conseguir o certificado galego en competencias dixitais (ComDix) mediante a realización dun exame de certificación específica para validar os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias.
Datas e realización das probas: As probas desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de novembro e 3, 4 e 5 de decembro de 2025. Terán lugar segundo o calendario que figura no anexo II da orde reguladora, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios de realización.
| Localidade | Provincia | Día | Hora | Prazas |
| San Sadurniño | Coruña, A | Mércores, 3 de decembro | 12:00 | 10 |
Itinerario formativo: Preparación das probas de certificación de nivel intermedio ponse ao dispor das persoas interesadas un material de apoio conformado polos seguintes temas.
| Temas |
| • Consulta e xestión da información dixital |
| • Comunicación e colaboración |
| • Creación de contidos dixitais |
| • Benestar dixital: seguridade e privacidade |
| • Contorna dixital e resolución de problemas |
O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
Solicitudes de participación e prazo de inscrición: As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización do prazo de inscrición.
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
Prazo de inscrición: ata o 27/10/2025.
Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas que figuren rexistradas en máis dunha localidade ou horario.
Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de persoas excluídas.
Exención do pagamento de taxas de exame: A matriculación na presente convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.