Convocados dous plans de actividades formativas gratuítas con 7 cursos que compoñen o itinerario ComDix-Iniciación na modalidade de teleformación titorizada en liña, con aproveitamento activo e avaliación continua. Dirixido a persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
Con carácter previo á inscrición será necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que será imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico. Deberán inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal
As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán escoller un dos dous plans formativos A ou B, descritos no anexo I, sen opción de cambio. A inscrición no Plan formativo A é incompatible coa inscrición en calquera dos cursos individuais incluídos no Plan formativo B.
Prazo de inscrición: ata o 02/03/2026.
Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como un número adecuado de reservas.
ANEXO I
Plan formativo A: Curso completo para a obtención da certificación galega en competencias dixitais ComDix-Iniciación, con 150 prazas. Comezará o 16 de marzo e rematará o 29 de xuño de 2026, como data límite. Consiste nunha acción formativa pechada, composta por 7 bloques temáticos consecutivos, que deben cursarse na súa totalidade. 250 horas lectivas
| Plan formativo A: Programa para a Certificación Galega en Competencias Dixitais ComDix-Iniciación |
| Bloque temático 0: Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais. |
| Bloque temático 1: Coñece a contorna dixital. |
| Bloque temático 2: Ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar. |
| Bloque temático 3: Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar. |
| Bloque temático 4: Participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. |
| Bloque temático 5: Crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia. |
Plan formativo B: Cursos ComDix-Iniciación independentes, con 60 prazas por curso. Está formado polos mesmos 7 bloques temáticos que compoñen o itinerario ComDix- Iniciación, pero convocados e cursados de maneira independente. As persoas interesadas poden inscribirse no curso ou cursos que desexen, sen limitación de número nin de seguir unha orde determinada.
| Plan formativo B: Cursos ComDix-Iniciación independentes | |||
| Curso | Duración
(horas) |
Número de prazas | Datas realización |
| Empezamos | 10 | Sen límite (*) | Do 23 de marzo ao 29 de xuño |
| ComDix I: Coñece a contorna dixital | 30 | 60 | Do 23 de marzo ao 22 de abril |
| ComDix II: Ten a información dixital sempre a man | 30 | 60 | Do 23 de marzo ao 22 de abril |
| ComDix III: Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar | 40 | 60 | Do 13 de abril ao 18 de maio |
| ComDix IV: Participa na sociedade dixital | 50 | 60 | Do 13 de abril ao 18 de maio |
| ComDix V: Crea contidos dixitais | 50 | 60 | Do 21 de maio ao 29 de xuño |
| ComDix VI: Atopa o benestar dixital | 40 | 60 | Do 21 de maio ao 29 de xuño |
(*) O curso de introdución «Empezamos» terá matrícula libre durante todo o período de vixencia desta convocatoria