Ata o 15 de agosto: solicitude de axudas para o fomento do emprendemento feminino

0

Convocatoria de axudas da Xunta coas que se pretende favorecer o emprendemento feminino e apoiar iniciativas empresariais lideradas por mulleres, tanto na súa posta en marcha como na consolidación ou mellora, incluíndo medidas para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Modalidades de axuda:

  • Emega Emerxe: posta en marcha de novos proxectos empresariais.
  • Emega Impulsa: reactivación ou mellora de empresas xa existentes.
  • Emega Innova: iniciativas con carácter innovador, científico ou tecnolóxico.
  • Emega Concilia: axuda complementaria para conciliación das promotoras ou do persoal contratado.

Persoas beneficiarias: Empresas privadas lideradas por mulleres (micro ou pequenas empresas) que teñan iniciado ou reactiven a súa actividade entre o 30 de setembro de 2024 e a fin do prazo de solicitude. As promotoras deben ter participación maioritaria e exercer a administración da empresa. Deben cumprir tamén os requisitos específicos de cada modalidade.

Contías das axudas:

  • Emega Emerxe: entre 10.000 € e 22.000 €, segundo número de postos de traballo creados para mulleres.
  • Emega Impulsa: entre 8.000 € e 17.000 €, segundo mantemento ou incremento do emprego feminino.
  • Emega Innova: entre 18.000 € e 42.000 €, segundo creación de emprego feminino con carácter innovador.
  • Emega Concilia:  3.000 € por empresa se hai promotoras con fillos/as menores de 3 anos. Ata 5.000 € por medidas de conciliación para o persoal por conta allea (plan de igualdade, medidas de flexibilización horaria, teletraballo etc.).

Requisitos comúns:

  • Ter domicilio fiscal e social, e actividade en Galicia.
  • Estar de alta na Seguridade Social ou mutualidade profesional.
  • Non ter recibido axudas do programa Emega nos últimos cinco anos (máximo 2 convocatorias).
  • Manter a actividade e os postos de traballo femininos durante polo menos 18 meses.
  • Presentar plan de negocio e documentación acreditativa segundo a modalidade solicitada.

Financiamento: Contía total: 5.023.729 €. Axudas cofinanciadas nun 60 % polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa Galicia 2021-2027.

Prazo de solicitude: Un mes desde o día seguinte á publicación no DOG (14 de xullo de 2025).

Como solicitar: Solicitude obrigatoriamente electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal

Máis información: Toda a información detallada, anexos e modelos están dispoñibles en:
https://igualdade.xunta.gal

Share.