Ata o 15 de agosto: Solicitude de axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia (2025)

0

Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral en Galicia (2025), co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade familiar a través de achegas económicas para persoas traballadoras que reduzan a súa xornada laboral para o coidado de fillos/as menores. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) dentro do Programa Galicia 2021-2027.

Persoas beneficiarias: Preferentemente homes traballadores que reduzan a súa xornada para o coidado de fillos/as, e tamén mulleres en casos de familias monoparentais e parellas do mesmo sexo.

Requisitos principais:

  • Estar empadroado/a en Galicia.
  • Ser traballador/a por conta allea (empresa privada ou administración pública).
  • Reducir a xornada entre o 1 de agosto de 2024 e o 31 de xullo de 2025.
  • Ter ao cargo un fillo/a menor de 3 anos, ou menor de 12 anos con discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • Convivir co/a menor durante o período subvencionable.
  • Redución mínima da xornada: 12,5 %.
  • Limite de ingresos da unidade familiar: ata 7 veces o IPREM.

Importe da axuda: Depende da porcentaxe de redución de xornada, duración (máximo 8 meses) e número de fillos/as menores de 12 anos:

Redución de xornada 1 fillo/a 2 fillos/as 3 ou máis
12,5 % – 25 % 1.700 € 2.000 € 2.300 €
25 % – 37,5 % 2.800 € 3.100 € 3.400 €
Superior a 37,5 % 3.100 € 3.400 € 3.700 €

Prazo de solicitude: Un mes contado desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (14 de xullo de 2025).

Como solicitar: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Máis información: Documentación, modelos e máis detalles na web de Igualdade da Xunta de Galicia:
https://igualdade.xunta.gal

Share.