PXOM

O pasado dia 7 de novembro de 2015 o Pleno do Concello aprobou o documento inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de San Sadurniño. Por este motivo calquera persoa poderá consultar o texto do PXOM e, se así o considera, presentar as correspondentes alegacións, de cara a protexer os seus intereses e mellorar o texto definitivo do Plan.

Houbo un prazo de información pública e alegacións desde o 1 de decembro de 2015 ata o 1 de febreiro de 2016, logo de terse publicado no DOG do 30 de novembro a aprobación incial do planeamento. A folla normalizada de alegacións, que deberá recoller o nome da persoa solicitante, a referenza catastral da leira da que se trate e unha breve descrición do cambio que se solicita, pode descargarse das seguintes ligazóns:

A documentación púidose consultar no Concello durante o periodo de alegacións e mesmo solventar dúbidas coa axuda da arquitecta municipal, que atendeu as cuestións relativas ao planeamento os luns, mércores e venres. Ademais, facilitóuselles a todas as asociacións de veciños do municipio unha copia sobre a proposta de ordenación de cada unha das parroquias.

O documento non é definitivo, senón que agora estamos na fase de análise e informe técnico das alegacións presentadas durante a exposición pública. Por iso toda a información que se mostra a continuación vaise ver modificada sustancialmente, sobre todo no tocante á configuración dos núcleos e ás caracterizacións do solo en varias zonas. Os documentos que compoñen o PXOM son os seguintes:

Información técnica importante: Se o navegador non carga directamente a información é posible que lle falte o complemento ADOBE READER, aínda que non é o habitual. Para solucionalo accedede a esta páxina onde se explica como instalalo dependendo do navegador que empregues. Outra opción é descargar ao ordenador o documento que che interese. Pon o rato enriba da ligazón correspondente, preme o botón dereito e selecciona “Gardar enlace como”. O documento gardarase na carpeta que elixas. Iso si, precisarás igualmente ter un visor de documentos PDF para abrilo. O máis usado é o propio ADOBE READER, que é gratuíto e pode descargarse picando aquí.

Tamén é importante utilizar o navegador INTERNET EXPLORER, de Microsoft, posto que  Chrome, Firefox e Edge non ofrecen soporte para a descarga de documentos aloxados en servidores FTP.

O acceso aos planos individuais dos núcleos rurais -74 en total- aparece ordenado na seguinte táboa. Algúns lugares móstranse duplicados por cadrar en dúas cuadrículas do mapa. Cómpre ter en conta tamén que nesta relación só se reflicten lugares que teñen a cualificación de núcleo. Na columna de San Sadurniño incluíronse, ademais dos núcleos, os cinco planos en que se divide a zona urbana do centro do concello. Neste último caso é aconsellable mirar antes o “Plano cuadrículas zona urbana” para situarnos e despois ir ao plano de detalle que nos interese. Lembramos que esta cartografía se corresponde co documento aprobado inicialmente e non inclúe aínda ningun cambio motivado polas alegacións. Os planos actualizaranse no momento en que se produza a aprobación definitiva do PXOM. 

Picando nos nomes de cada parroquia tamén se pode descargar a saba de todo o seu territorio, aínda que cómpre ter en conta que se trata de arquivos pdf moi pesados -entre 300 e 400 MB-, polo que é máis recomendable acudir á cartografía de cada lugar. Por último, o acceso aos mapas está comprobado con computadores de escritorio e, dependendo dos casos, pode non funcionar en dispositivos móbiles.