Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2024

0

Subvencións para realizar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, dirixidas a empresas legalmente constituídas e persoas autónomas. Tamén van orientadas ás empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Actuacións subvencionables: aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:

Denominación da liña Proxectos subvencionables
PAPEME. Proxectos de aforro e eficiencia

enerxética en pemes

Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible
PAGE. Proxectos de aforro e eficiencia

enerxética en grandes empresas

Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible
PAE. Proxectos de aforro e eficiencia

enerxética en pemes ou grandes empresas

que reduzan as emisións de GEI en polo

menos un 30 %

Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI
PAP. Proxectos de aforro e eficiencia

enerxética en infraestruturas públicas

Proxectos que xustifiquen ratios de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible

 

Investimentos subvencionables: Considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, a dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías.

Prazo de solicitude: ata o 15/09/2024.

Cantidade: As solicitudes acollidas destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios: a contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e, un 10 % no caso de medianas empresas.

As solicitudes acollidas destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios: a contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas, e un 10 % no caso de medianas empresas.

Para axudas de más de 100.000 €, limítase a axuda conforme o aforro enerxético xustificado, segundo a seguinte táboa:

Tipoloxía do/da beneficiario/a Axuda máxima en función do aforro enerxético
Pequena empresa Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250

Mediana empresa Se AEF < 100 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 100 MWh/ano: AM = AEF × 1.000

Grande empresa Se AEF < 150 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 150 MWh/ano: AM = AEF × 675

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas (PAP) Se AEF < 80 MWh/ano: AM = 100.000

Se AEF ≥ 80 MWh/ano: AM = AEF × 1.250

Sendo: AEF = aforro enerxético anual de enerxía final en MWh/ano. AM = axuda máxima por expediente en función da tipoloxía de beneficiario e o aforro enerxético en euros.

Ligazón á normativa

 

Share.