Solicitude de participación nas probas para obter o título da ESO para maiores de 18 anos

0

A Xunta realizará en marzo e xuño probas para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para persoas maiores de 18 anos. Unha titulación de carácter básico que pode abrir moitas portas no mercado laboral, tanto no sector público como no privado. Hai dúas convocatorias:

  • Convocatoria de marzo: a proba terá lugar o día 27 de marzo de 2026.
  • Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 5 de xuño de 2026. 

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes dos diferentes tribunais publicarase xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas.

 O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será:

  •  Para a convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición (utilizando o anexo I da resolución) deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no parágrafo seguinte ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Poderanse presentar solicitudes de inscrición nos seguintes centros educativos:

  • A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, nº 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
  • Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.
  • Santiago de Compostela: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
  • Lugo: EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
  • Ourense: EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, nº 4, 32002 Ourense.
  • Pontevedra: EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, nº 26, 36002 Pontevedra.
  • Vigo: EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, nº 8, 1º andar, 36202 Vigo.

 Ligazón á convocatoria

 

Share.