Publicada a lista actualizada da bolsa de emprego do SAF

0

O Concello desenvolveu nos últimos días o proceso de actualización das listas do Servizo de Axuda no Fogar correspondente á primeira convocatoria deste ano. Neste procedemento produciuse unha incorporación nova ao listado e a actualización das puntuacións de cinco persoas que xa formaban parte del en base a méritos alegados, como por exemplo a acumulación de experiencia laboral ou de formación.

Desta maneira a bolsa de emprego para realizar substitucións queda fixada ata a próxima actualización, que se realizará no mes de xuño. Aquelas persoas que queiran formar parte da bolsa teñen desde agora e ata o 5 dese mes para presentar a súa solicitude, incorporando as certificacións de titulacións ou formación das que dispoñan.

Porén, a de xuño non será a última convocatoria posto que a lista se modifica tres veces no ano con novas incorporacións ou coa actualización dos puntos de quen xa forma parte dela sempre que achegue máis méritos ou expencia desde a última baremación. Así, a última quenda do ano iniciarase o 5 de outubro, data límite de presentación de solicitudes para optar a entrar nas listas en 2016.

Documentación descargable
Lista actualizada
Acta coas puntuacións
Bases do procedemento publicadas en 2011

– See more at: http://workplace.afaisca.com/gl/novas/contenido/0358_gl.html#/-1/

Share.