Orzamentos

Os orzamentos municipais son o resume das previsións de ingresos e gastos durante o exercicio anual. Entran en xogo moitas variables: o custe dos salarios do persoal, as variacións dos prezos dos combustibles e da electricidade, as transferencias que veñen doutras administracións, os prezos finais que terán as obras, as previsións de ingresos en concepto de taxas e impostos municipais… Hai que ter en conta todos estes aspectos -e moitos máis- para deseñar unhas contas que respondan ás necesidades de todo o territorio e que, ademais, manteñan o equilibrio entre o que se ingresa e o que se ten previsto gastar.

As contas do ano 2025 quedaron en 3.918.154,79 € tanto nas previsións de ingresos como de gastos. Unhas cifras que soben un 5,01% con respecto ás de 2024 e que aínda serán maiores ao remate do ano pola incorporación de máis fondos procedentes de programas provinciais e autonómicos cuxo importe se descoñecía no momento de aprobar inicialmente as contas no pleno do 31 de xullo de 2025.

  • Descarga desde aquí o documento completo aprobado en pleno

Cadro resume dos orzamentos 2025 e comparativa con respecto aos de 2024

ORZAMENTO 2025: RESUME COMPARATIVO POR CAPÍTULOS
INGRESOS 2024 2025 %DIF GASTOS 2024 2025 %DIF
1. Impostos directos 766.000,00 778.000,00 1,57% 1. Gastos de persoal 1.397.321,01 1.474.058,79 5,49%
2. Impostos Indirectos 45.000,00 35.500,00 -21,11% 2. Gastos correntes 1.486.205,70 1.453.724,25 -2,18%
3. Taxas, prezos públicos
e outros impostos
506.670,44 393,700,00 -22,30% 3. Gastos financeiros 2.635,00 2.500,00 -5,12%
4. Transferencias correntes 1.962.044,57 2.108.156,49 7,45% 4. Transferencias correntes 183.315,00 185.545,00 1,22%
5. Ingresos patrimoniais 5.000,00 10.000,00 50%
6. Alleamento investimentos
reais
0,00 0,00 0,00% 6. Investimentos reais 636.462,52 783.576,75 23,11%
7. Transferencias de capital 446.624,22 592.798,30 32,73% 7. Transferencias de capital 25.400,00 0,00 -100%
8. Pasivos financeiros 0,00 0,00 0,00% 8.Pasivos financeiros 0,00 18.750,00 0,00%
TOTAL 3.731.339,23 3.918.154,79 5,01% TOTAL 3.731.339,23 3.918.154,79 5,01%