Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2026.
Contías das axudas: A subvención conxunta entre Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder do seguinte límite xenérico: para as liñas de seguros agrícolas e gandeiras (anexo I) establécese un límite do 75 % do custo da prima comercial base neta, sen incluír as recargas.
No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder o límite xenérico o 100 % do custo da prima do seguro, no que respecta á retirada de gando morto, e do 75 % do custo da prima do seguro, no tocante á destrución do devandito gando.
Porcentaxes de subvención base aplicables
- Seguros de producións agrícolas: Establécese unha subvención do 20 % sobre a prima comercial base neta, aplicable ás pólizas das liñas de seguro de explotacións agrícolas.
- Seguros de producións gandeiras: seguros de explotación: Establécese unha subvención do 14 % sobre a prima comercial base neta.
Subvención única por especie (seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación): será unha subvención única por especie sobre a prima comercial base neta
| Liñas de seguro | Produción asegurable | Data de inicio da subscrición | Subv. da CC.AA. de Galicia ( %) |
| Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación. | Bovina, ovina e cabrúa, porcina, aviar, equina, piscícola, cérvidos e camélidos. | 1 de xuño | 25 |
| Cunícola. | 1 de xuño | 35 |
Prazo de solicitude: aberto todo o ano