Do 8 de setembro ao 8 de outubro: axudas do Bono Concilia

0

A Consellería de Política Social e Igualdade vén de publicar a Orde do 25 de agosto de 2025 pola que se convocan as axudas do programa Bono Concilia Familia (código de procedemento BS412A). Estas axudas están dirixidas a familias residentes en Galicia con fillos e fillas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021, para apoiar a conciliación en situacións puntuais (enfermidade, entrevistas de traballo, necesidades laborais ou de coidado de familiares) e tamén durante os períodos de vacacións escolares de 2025.

Gastos subvencionables:

  • Contratación dunha persoa empregada do fogar de maneira temporal.
  • Servizos de atención á infancia a domicilio.
  • Uso de ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios autorizados pola Consellería.
  • Asistencia a campamentos ou outros recursos colectivos de conciliación nos períodos vacacionais (como por exemplo a Aldea de Verán).

Contía da axuda: Ata o 100 % do custo, cun máximo de 500 € por unidade familiar ou 200 € por neno/a, no caso de familias numerosas, monoparentais, acolledoras, con menores con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero. Ata o 75 % do custo no resto de familias.

Prazo de solicitude: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), desde as 9:00h do 8 de setembro ata o 8 de outubro de 2025 ás 23:59 h.

O orzamento destinado a esta convocatoria é de 2.663.867 €, e as axudas concederanse por orde de entrada das solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.

Ligazón á convocatoria e ao procedemento para o trámite en liña

Share.