Axudas a fondo perdido e sen concorrencia competitiva para a elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, con carácter plurianual.
Persoas beneficiarias:
- As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ou ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.
- As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias.
- As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
- As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios.
Condicionantes: Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Estar rematados antes do ano 2000.
- Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.
Actuacións subvencionables:
- A elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).
- A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B).
As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.
Prazo de solicitude: ata o 13/09/2024.
Cantidades: A contía máxima da subvención para o libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:
- No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.
- No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.
Se non se dispón do informe de avaliación do edificio (IAE), a elaboración deste documento poderá incrementar a axuda ata nun 50 %. No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:
- No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.
- No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros
O imposto sobre o valor engadido poderá ser considerado elixible, sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.