Axudas para favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e en entidades sen ánimo de lucro, especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
Persoas beneficiarias: As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.
Actuacións subvencionables (cinco modalidades de axudas):
- Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
- Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
- Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
- Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
- Transformación en indefinidos dos contratos formativos subvencionados con cargo ao Programa de primeira experiencia profesional (TR353C).
Prazo de solicitude: desde o 17/02/2026 09:00h. ata o 30/09/2026 ás 20:00h.
Cantidades:
A) As contratacións indefinidas iniciais das persoas desempregadas incentivaranse con distintas contías base, segundo o colectivo a que pertenza a persoa contratada:
- Persoa moza: 6.000 €.
- Muller vítima de violencia de xénero, vítima de trata de seres humanos, muller con fillos ou fillas menores de 3 anos desempregada de longa duración ou inactiva nos últimos 3 anos: 10.000 €.
- Muller en ocupacións masculinizadas: 10.000 €.
- Persoa desempregada de longa duración: 6.000 €.
- Persoa de 52 anos ou máis: 6.000 €.
- Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 6.000 €.
- Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 euros.
- Persoa desempregada que nos últimos 2 anos rematara e superara a formación conducente á obtención dun certificado profesional no marco de accións de AFD (TR301K) ou de obradoiros de emprego (TR335A), e persoa desempregada que nos últimos 2 anos rematara un programa integrado de emprego (TR332A): 10.000 €.
- Persoa desempregada que desenvolvera un contrato formativo ao abeiro do Programa de primeira experiencia profesional (TR353C) nos 2 anos previos á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia: 10.000 €.
As contías indicadas anteriormente incrementaranse nos seguintes casos, que son acumulables entre si: Nun 15 % para: ubicación nun concello rural, maior de 45 anos (excepto letra E), persoa trans, muller (excepto letra B e C). Nun 25% para: persoa beneficiaria e que superase os estudos vinculados ás bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) nos 2 anos previos. A contía máxima posible para subvencionar por cada persoa contratada con carácter indefinido é de 17.000 €.
B) Incremento de xornada das contratacións indefinidas (de xornada parcial a xornada completa): incentivo de 2.000 €. Se o incremento de xornada se realiza con persoas con discapacidade, o incentivo será de 3.000 €.
C) Incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses e a xornada completa: incentivo de 4.000 €.
D) Adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal: axuda de 1.000 €.
E) Transformación de contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C) en indefinidos: 5.000 €.