Convocadas as axudas do programa Fogar Vivo, co obxectivo de incentivar a incorporación de vivendas ao mercado de aluguer mediante unha renda accesible.
Persoas e entidades beneficiarias: Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas e persoas xurídicas (incluíndo empresas promotoras) propietarias ou usufrutuarias.
Requisitos das vivendas:
- Estar situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser de titularidade privada e non estar suxeitas a protección pública.
- Estar en condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento.
- Estar vinculadas ao programa durante un mínimo de 5 ou 7 anos, segundo o tipo de titular.
- Non ter sido arrendadas nos 3 meses anteriores á solicitude.
- Non estar afectadas por impedimentos legais para o alugamento.
Requisitos dos contratos de aluguer:
- Suxeitos á Lei de Arrendamentos Urbanos, con uso habitual e permanente.
- Non pode existir vínculo de parentesco ata cuarto grao de consanguinidade ou segundo de afinidade coa persoa arrendadora.
- A renda mensual non pode superar os 450 € no Concello de San Sadurniño.
Supostos nos que se poden solicitar as axudas:
- Axuda para seguros de impagamento e/ou multirrisco, sempre que haxa contrato posterior á convocatoria.
- Axuda para adecuación e reparación da vivenda.
- Axuda vinculada, xunto coa anterior ou de forma separada, sempre con contrato posterior á convocatoria.
Actuacións subvencionables (adecuación e reparación): Obras de conservación e mantemento. Rehabilitación para garantir habitabilidade e normativa. Axustes de distribución interior. Mobiliario de cociña e electrodomésticos: neveira, cociña, forno, lavavaixelas e campá extractora.
Prazo de solicitude: do 17/07/2025 ás 9:00 h ao 30/10/2025 ás 14:00 h.
Contía máxima: 16.000 € por vivenda. En concepto de seguros poderán percibirse ata 3.000 € (600 €/ano para persoas físicas ou 428 €/ano para xurídicas). Para a adecuación a axuda base será de ata 5.000 euros (80 % do gasto, que veñen sendo 6.250 € de investimento). Tamén haberá unha axuda complementaria de ata 6.000 € (2.000 € por cada 10.000 € adicionais) e unha vinculada de 2.000€.