Ata o 30 de abril: Solicitude do Bono Emancípate

0

Axudas dirixidas á xente nova para sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugamento, como son os derivados da adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño e téxtil de fogar.

Persoas beneficiarias: As persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

  • Ter menos de 36 anos de idade no momento de solicitar a axuda.
  • Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias, deberán encontrarse en situación de estadía ou residencia regular en España.
  • Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude.
  • Para o caso de persoas solicitantes con unidade de convivencia, que a suma dos ingresos anuais das persoas que a compoñen sexan iguais ou inferiores a catro veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Este límite será de cinco veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia haxa persoas cunha discapacidade inferior ao 33 %, e de seis veces o IPREM cando o grao de discapacidade recoñecido sexa igual ou superior ao 33 %.

 Actuacións subvencionables (só se poderán adquirir os seguintes bens):

  • Electrodomésticos: forno convencional, placa de indución, lavalouzas, forno microondas, lavadora, secadora, frigorífico, conxelador, deshumidificador.
  • Pequenos electrodomésticos: batedor de man e de vaso, frixideira de aire, cafeteira, ferro de pasar, aspiradora, radiador, torradora, espremedor.
  • Mobles de salón/comedor: sofá, mesa de comedor, cadeira/s, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar, moble de TV, estante.
  • Mobles de cuarto: cabeceiro, estrutura de cama, somier, colchón, amofada, aparador, armario, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar.
  • Mobles de cociña: mesa, cadeira/s, estante, lámpada de teito.
  • Mobles de baño: estante, moble de lavabo, cadeira, biombo ou cortina de ducha.
  • Artigos de decoración: cadros, portaretratos, testos, alfombras, espellos, floreiros.
  • Enxoval de cociña: potas, cazos, tixolas e similares, vaixela, cubertos e outros utensilios.
  • Enxoval de baño: xaboeira, portacepillos e similares, espello.
  • Téxtil de fogar: sabas, edredóns, toallas, mantas.

No caso dos electrodomésticos e pequenos electrodomésticos, só se poderá adquirir unha unidade de cada tipo, agás o radiador, do cal se poderán adquirir un máximo de tres (3) unidades. No caso de enxoval de cociña e baño, poden adquirirse cada tipo de produto individualmente ou como un xogo.

Os produtos e servizos subvencionados serán aqueles que se adquiran desde a data da activación da tarxeta polas persoas beneficiarias ata o 31/12/2026.

Prazo de solicitude: desde o 13/02/2026 ás 09:00h ata o 30/04/2026 ás 20.00 horas, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario.

Cantidade: A axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as. A axuda será de 3.000 € para as que adquirisen unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 30/04/2025 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.

Ligazón á convocatoria

Share.