A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia colaboran na posta en marcha dun curso básico de prevención de riscos que terá tres edicións consecutivas. Nel poderán participar empregadas e empregados públicos, persoas autónomas, persoas traballadoras que estean designadas polas súas empresas como delegadas de prevención, empresarias e empresarios que asuman pola súa conta as funcións de prevención e, en xeral, todas aquelas persoas que queiran mellorar os seus coñecementos neste ámbito.
Prazo de solicitude: desde o 10 ata 20 de febreiro de 2026, a través mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible nesta ligazón.
Ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun ordenador con conexión a internet e navegador web actualizado.
Criterios de selección: Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas. Terán prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes). Reservarase o 50 % das prazas do curso para o persoal empregado público.
Todo isto sen prexuízo da aplicación dos criterios de reserva de prazas para persoas con discapacidade, así como das medidas de promoción da igualdade e da conciliación establecidas na normativa autonómica vixente.
Publicación das relacións do alumnado seleccionado: A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar no curso.
As datas dos cursos e as de realización das probas de avaliación son as seguintes:
| Código | Edición | Denominación | Prazas | Horas | Modalidade | Data de inicio | Data de remate | Data e hora do exame final
(en liña) |
| CV26002 | T01 | Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga | 100 | 60 | Teleformación | 10.3.2026 | 8.5.2026 | 8.5.2026,
ás 10.00 horas |
| CV26002 | T02 | Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga | 100 | 60 | Teleformación | 10.3.2026 | 8.5.2026 | 8.5.2026,
ás 10.00 horas |
| CV26002 | T03 | Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga | 100 | 60 | Teleformación | 10.3.2026 | 8.5.2026 | 8.5.2026,
ás 10.00 horas |