Ata o 2 de marzo: Solicitude de subvencións para proxectos fotovoltaicos

0

Subvencións en concorrencia competitiva para  proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo.

 Persoas beneficiarias: As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes, as entidades sen ánimo de lucro, as empresas legalmente constituídas e persoas autónomas.

 Actuacións subvencionables:

  • Os paneis solares fotovoltaicos.
  • O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medida e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de chumbo ácido.
  • O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
  • O custe de montaxe e conexionado.

 Prazo de solicitude: desde o 28/01/2026 ás 09:00h. ata o 02/03/2026 ás 23:59h.

Cantidades: A contía máxima de axuda será de 150.000, de acordo coas seguintes porcentaxes:

Beneficiarias Porcentaxe máxima de axuda
Entidades locais 60%
Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica) 60%
Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e no caso de medianas empresas en 10 puntos porcentuais 30%

Ligazón ao anuncio

 

Share.