Ata o 19 de febreiro: axudas para investimentos en diversificación agraria

0

Convocadas as subvencións en concorrencia competitiva destinadas a apoiar proxectos de inversión en actividades empresariais non agrícolas en municipios rurais de Galicia, co fin de reforzar o tecido produtivo e diversificar a economía nas zonas rurais mediante a adquisición de bens de equipamento necesarios para mellorar, ampliar ou modernizar as estruturas produtivas e/ou de servizos das empresas existentes.

Persoas beneficiarias: 

  • As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.
  • Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2025.
  • Titulares dunha explotación agraria, ou membros de súa unidade familiar ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Proxectos subvencionables: Subvencionarase a adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

  1. Industrias, fábricas e locais de produción de bens e materiais (con certas exclusións en madeira).
  2. Empresas de transformación e/ou comercialización de produtos agrarios (proxectos con orzamento elixible ≤ 100.000 €).
  3. Empresas de prestación de servizos (con exclusión de servizos agrícolas, forestais, enerxéticos, hostalaría e restauración).
  4. Prestación de servizos sociais (garderías, coidados de persoas maiores ou con diversidade funcional, etc.).
  5. Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
  6. Artesanía e actividades artesanais.
  7. Enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
  8. Comercio polo miúdo.

Requisitos: Que as actuacións non estean iniciadas na data de presentación da solicitude da axuda. Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 20.000 € e/ou superior a 300.000 €.

Investimentos subvencionables: Será subvencionable a compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa. Na propia resolución da subvención indícase unha pormenorizada serie de investimentos non subvencionables.

 Prazo de solicitude: ata o 19/02/2026

Cantidade: A axuda será do 50 % dos gastos subvencionables.

Ligazón ao anuncio

 

Share.