Subvencións para realizar proxectos para a mellora da eficiencia enerxética en empresas legalmente constituídas e tamén nos negocios de persoas autónomas. A elas tamén poderán acollerse as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.
Actuacións subvencionables: Serán subvencionables aqueles proxectos con rateos de aforro enerxético anual iguais ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña:
| Denominación da liña | Proxectos subvencionables |
| Papeme-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,18 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible |
| PAGE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,25 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible |
| PAE-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30 % | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,10 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI. |
| PAP-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas | Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético iguais ou superiores a 0,18 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de investimento elixible |
Investimentos subvencionables: Considéranse custos subvencionables a elaboración dos proxectos técnicos, a dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías.
Prazo de solicitude: dende o 30/01/2026 ás 09:00h. ata o 15/09/2026 ás 20:00h.
Cantidade: No caso de solicitudes acollidas destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios, a contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
Aqueloutras solicitudes acollidas destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios obterán o 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.