Publicadas as subvencións en concorrencia competitiva para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión durante este ano.
Persoas beneficiarias: As persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños.
Proxectos que se subvencionan: Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras de biomasa, bombas de calor ou solar térmica en aplicacións residenciais.
Investimentos subvencionables
- O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira de biomasa).
- Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
- Custo de montaxe e do conexionado.
- No caso da enerxía xeotérmica e hidrotérmica, o sistema de captación do recurso, as sondaxes, os intercambiadores, os acumuladores, as tubaxes, etc.
- O IVE, cando non sexa recuperable.
Prazos: O prazo de presentación de solicitudes de axuda permanecerá aberto do 09/02/2026 ás 09:00. ata o 13/03/2026 ás 23:59h. ou cando se esgoten os fondos. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das empresas colaboradoras rematará o 23/02/2026.
Cantidade: A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación. Adicionalmente, dependendo da tipoloxía, establécese unha axuda máxima por vivenda:
| Tipoloxía | Axuda máxima por vivenda (€) |
| Biomasa | 8.000 |
| Xeotermia | 10.000 |
| Aerotermia/hidrotermia | 2.500 |
| Solar térmica | 2.000 |
En proxectos multivivenda a axuda máxima por proxecto será de 40.000 €.