Ata as 20:00h do 25 de setembro: solicitude de axudas para a mocidade que queira sacar os carnés A2 e B

0

Convocadas as axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Non estar traballando por conta propia nin allea.

d) Ter aprobado o/s permiso/s de conducir para o/s cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.

e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.

Actuacións subvencionables: O gasto subvencionable é a suma a prezo global de obtención dos permisos de condución obxecto desta orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

Prazo de solicitude: ata o 25/09/2025 ás 20:00h. Se o orzamento previsto na orde non é suficiente para o pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación da axuda.

Cantidade: O importe da axuda será de 150 euros para a obtención do permiso de condución de clase A2 e de 400 euros para o permiso de condución de clase B. Serán acumulativos no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención dos dous permisos obxecto da orde.

Ligazón á convocatoria

 

Share.