Ata o 30 de setembro: Plan Renova o teu vehículo e selección de entidades colaboradoras

0

Publicadas as bases reguladoras para a concesión de subvencións relativas ao  Plan Renova o teu vehículo (IN421U), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN421T).

Persoas beneficiarias: Persoas físicas e autónomas ou empresas.

 Vixencia do plan: Ata o 15 de decembro de 2026 dos convenios de colaboración formalizados coas entidades colaboradoras adheridas, e finalizará o 30 de setembro de 2026 ou ata que se esgoten os fondos.

Actuacións subvencionables: Será subvencionable a adquisición de vehículos novos que cumpran os seguintes requisitos e teñan un custo inferior ou igual a 42.000,00 euros (impostos incluídos), este límite de custo amplíase a 47.000,00 euros (impostos incluídos) para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico, e en 6.000,00 euros adicionais cando se trate dun vehículo adaptado para a utilización de persoas con discapacidade ou se dispón de 8 ou 9 prazas, cun máximo de 6.000,00 euros adicionais por vehículo. Establécense as seguintes categorías de proxectos en función do vehículo adquirido:

Categoría proxecto Vehículo novo adquirido
Tipo 1 Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 99 g CO2/km
Tipo 2 Turismos (M1) con emisións iguais ou inferiores a 118 g CO2/km
Tipo 3 Furgonetas (N1) con emisións iguais ou inferiores a 110 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 180 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg

Incompatibilidade das subvencións: As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Prazos: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 22 de xaneiro de 2026, ás 9:00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2026, ás 20.00 horas ou cando se esgoten os fondos. A adquisición do vehículo obxecto da subvención e o achatarramento do vehículo que se renova poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2026.

 O prazo de presentación de solicitudes de adhesión dos concesionarios comezará o 02 de xaneiro de 2026, e rematará o 15 de setembro de 2026, ás 20:00 horas.

Cantidade: A axuda máxima en función do tipo de proxecto:

Tipo de proxecto Axuda Inega (€) Axuda adicional familias numerosas (€) Desconto concesionario (€) Total (€) (*)
Tipo 1 3.000 600 1.000 4.000/4.600
Tipo 2 2.000 400 1.000 3.000/3.400
Tipo 3 2.000 400 1.000 3.000/3.400

(*) A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os que a axuda do Inega se incrementa un 20 %

Ligazón á normativa.

Share.