Ata o 2 de marzo: solicitude de subvencións para emprendemento

0

Convocadas as axudas para financiar investimentos realizados por persoas autónomas e pequenas/medianas empresas que iniciasen actividade desde o 01/01/2024, co fin de incrementar a súa actividade, mellorar a competitividade e manter emprego de calidade.

Persoas beneficiarias Persoas autónomas, mutualistas, cooperativas, sociedades laborais e PEMEs que deben estar constituídas ou dadas de alta e iniciada a actividade desde o 01/01/2024.

Actuacións subvencionables: Investimentos en equipamento informático (excepto móbiles), activos intanxibles (software, licenzas, webs, patentes…), en eficiencia enerxética, en maquinaria, equipamento e mobiliario, en reforma e habilitación do local (obras simples, rotulación non sexista), en bens de segunda man (con requisitos específicos).

NON subvencionable: IVE, vehículos, naves, materiais para obras feitas pola propia empresa, proxectos/taxas/licenzas, locais de uso turístico. Os investimentos terán que estar realizados e pagados dentro do prazo de execución, que abrangue desde o 01/07/2025 ata a data da presentación da solicitude.

Tamén serán subvencionables os gastos correntes adicionais, como os de Notaría e rexistro e alugueiro do local. Admite gastos desde o 01/07/2025.

Prazo de solicitude: ata o 02/03/2026.

Cantidades:  O mínimo subvencionable serán 5.000 euros sen ive, e o máximo 60.000. Establécense os seguintes tramos:

Rango de investimento % subvención
5.000 – 20.000 € 55 %
20.001 – 30.000 € 50 %
30.001 – 60.000 € 45 %

Posibilidade de incremento dun 10 % adicional se é un caso de remuda xeracional (e se se foi beneficiario do Bono Remuda TR353D).

Para os gastos correntes: os gastos notariais ou rexistrais contarán con ata 300 € (+10 % remuda), mentres que os de alugueiro teñen un tope de 1.500 € (+10 % remuda).

Ligazón á normativa

 

Share.