Convocadas as axudas para mellorar as condicións de produción e comercialización dos produtos apícolas no marco da Intervención Sectorial Apícola da PAC 2023–2027.
Persoas beneficiarias: No caso da liña MR506A serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas inscritas no REGA, que posúan colmeas válidas e correctamente identificadas. Tamén deberán cumprir a normativa sanitaria, de rexistros e movementos. Por outra banda, a liña MR506B diríxese a agrupacións apícolas, ADS, cooperativas, e asociacións con personalidade xurídica.
Actuacións subvencionables A orde inclúe 5 grandes intervencións, con múltiples accións.
- Intervención 1. Asesoramento, asistencia técnica e formación (MR506B)
- Intervención 2. Investimentos e accións sanitarias e climáticas (MR506A e MR506B segundo acción)
- Intervención 3. Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, na perda de abellas ou nas caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.
- Intervención 6. Promoción, comunicación e comercialización, incluídas as accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas, en particular, a sensibilizar os consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas. Este tipo de intervención só poderá ser solicitado por parte de agrupacións de apicultores/as de máis de 40.000 colmeas que leven a cabo actuacións de comercialización.
- Intervención 7. Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.
Prazo de solicitude: ata o 02/03/2026.
As contías dependen da acción subvencionada, cos seguintes límites:
| Acción | % subvención | Límite |
| Tratamentos varroa (conv.) | 90 % | 2,5 €/colmea, máx. 18.000 € |
| Tratamentos ecolóxicos | 100 % | 5 €/colmea, máx. 18.000 € |
| Vitalidade colmeas | 80 % | 6 €/colmea |
| Cera | 70 % | 5 €/colmea |
| Trampas velutina | 100 % | 5 €/trampa + 12 €/atraente |
| EPIs velutina | 70 % | 3 €/colmea |
| Repoboación | 70 % | 5 €/colmea |
| Transhumancia | 80 % | segundo investimento |
| Técnicos veterinarios | 90 % | 30.000 €/técnico, 60.000 €/agrupación |
| Formación | 60 % | 5.000 € |
| Publicacións | 90 % | 5.000 € |
| Administrativo | 90 % | 15.000 € e 0,5 €/colmea |