Ata o 12 de marzo: solicitude de axudas para a reforestación con frondosas e coníferas

0

Convocadas as axudas autonómicas para financiar reforestación produtiva tras corta ou tras eliminación de invasoras, mediante módulos de custos simplificados, para: Coníferas (liña I), frondosas agás chopo (liña II) e Chopo (liña III)

A axuda busca substituír eucalipto e fomentar masas de maior valor ecolóxico e produtivo, reducindo risco de incendios e mellorando a calidade da madeira.

Persoas beneficiarias: Persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.

Actuacións subvencionables

Liña I – Coníferas: En terreos tras corta de coníferas/eucalipto ou eliminación de invasoras. Inclúe a roza, preparación, plantación, proxecto, dirección de obra, coidados. Módulos:

  • LI-A: ≥ 1.300 pés/ha
  • LI-B: 1.000–1.299 pés/ha
  • LI-C: 850–999 pés/ha
  • LI-D: Xestión do rexenerado natural (1.000–1.400 pés/ha)

Liña II – Frondosas (agás chopo): En terreos tras corta de frondosas, coníferas ou eucalipto, ou eliminación de invasoras. Módulos:

  • LII-A: ≥ 1.000 pés/ha
  • LII-B: 50–150 pés/ha
  • LII-C: Mixta frondosas‑coníferas (60/40), ≥ 1.000 pés/ha, mestura íntima Inclúe: roza, preparación, plantación, proxecto, dirección de obra.

 

Liña III – Chopo: En terreos tras corta de chopo/eucalipto ou eliminación de invasoras. Tamén inclúe roza, preparación, plantación, proxecto, dirección de obra.

Só se subvencionan actuacións posteriores á solicitude axustadas ao módulo. (Non se admiten facturas previas porque o sistema é por módulos, non por gasto real.)

Prazo de solicitude: ata o 12/03/2026.

Cantidade: A axuda é un do módulo correspondente:

  • 65 % cando:
    • Beneficiaria é AFXC ou silvicultor/a activo/a
    • Ou se planta Pinus pinasterP. sylvestrisP. radiata
    • Ou o terreo está no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas
    • Ou se plantan frondosas do Anexo I da Lei 7/2012
  • 50 % no resto dos casos.

Non hai mínimo nin máximo por expediente, pero si límites indirectos pola superficie e polo módulo escollido. O IVE non é subvencionable.

Ligazón á convocatoria

 

Share.