Telegal rexistra 250 solicitudes para os cursos gratuítos ofrecidos en colaboración co Concello

0

A oferta de cursos gratuítos lanzada hai uns días por Telemática Galicia (Telegal) superou todas as expectativas tanto da empresa radicada en Narón como do Concello, quen colabora coa iniciativa. A primeira quenda de accións formativas arranca hoxe con todas as prazas cubertas e, de cara á segunda, só quedan algunhas vacantes en catro dos cursos, concretamente no de Igualdade e linguaxe inclusiva e non sexista, no de iniciación ao guión audiovisual, no de mecanografía e no de ferramentas de organización no fogar e nos negocios.  Nas distintas propostas inscribíronse un total de 250 persoas, moitas delas de San Sadurniño -con prioridade-, pero tamén de Narón, Ferrol, Cedeira, Baiona, Gondomar… e mesmo de Cataluña.

O catálogo de cursos encádrase, á súa vez, nunha acción de Telegal centrada na capacitación de docentes de formación profesional para o emprego, quen deben planificar e levar a cabo o seu propio curso traballando con contidos e alumnado real.

A área de Desenvolvemento local de San Sadurniño colaborou dándolle difusión á iniciativa e facilitando a captación de persoas que quixesen aprender distintas materias por medio de 15 cursos gratuítos en liña -agás un- que se desenvolven en dúas quendas, unha que comeza hoxe e outra que arrancará o próximo 18 de xaneiro.

O catálogo de cursos, denominado “Formación en tempos de COVID” está dispoñible a través desta ligazón, onde tamén se poden facer as inscricións.

Porén, ao pouco de publicar a convocatoria a maior parte das actividades completaron a oferta de prazas e nalgúns mesmo foi necesario facer dous grupos para atender a alta demanda. De feito, neste momento só quedan algunhas vacantes para as accións da segunda quenda -a que empeza o 18 de xaneiro-, nas que cumprirá anotarse, como moi tarde, o día 16.

Curso

Horas

Inicio

Fin

Modalidade

Inscricións

Igualdade e linguaxe inclusiva e non sexista

20

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Iniciación ao guión audiovisual

30

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Mecanografía

20

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

Ferramentas de calidade, orde e organización para o fogar e o negocio

20

18/01/2021

29/01/2021

Teleformación

Formulario

 

Para participar nestes cursos non hai ningún tipo de restrición xeográfica, pero si terán prioridade nas inscricións as veciñas e veciños de San Sadurniño. Despois de cubrir a solicitude a través do correspondente formulario cada persoa recibirá unha chamada de confirmación da praza, así como unha pequena explicación sobre os requisitos técnicos para acceder ás sesións en liña.

Share.