Achegas para fortalecer o tecido produtivo empresarial nas zonas rurais de Galicia mediante o apoio á adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizo.
Persoas beneficiarias:
a) As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.
As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2024. NON poderán ser beneficiarias das axudas, entre outras, as de produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
Proxectos subvencionables: Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.
4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…).
5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
6º. Artesanía e actividades artesanais.
7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º. Comercio polo miúdo.
Investimentos subvencionables: A compra de bens de equipamento novos afectos á actividade empresarial e que sexan necesarios para o desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
NON serán subvencionables:
a) Material funxible en xeral.
b) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.
c) Maquinaria agrícola e/ou forestal.
d) A reposición ou simple substitución de bens de equipamento existentes, salvo que a nova adquisición supoña unha mellora tecnolóxica ou ambiental que deberá xustificarse na memoria resumo do proxecto (anexo II).
e) Equipamentos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten, e, en xeral, os equipamentos e instalacións vinculados coa enerxía xeotérmica, aerotérmica e fotovoltaica.
f) Traídas e acometidas de servizos.
g) Adquisición de bens de equipamento e materiais de segunda man.
h) Adquisición de bens de equipamento destinados ao alugamento.
i) Equipamentos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática, e software en xeral, agás naqueles casos en que o software sexa necesario para o funcionamento dos equipamentos subvencionados.
j) Deseño e/ou actualización de páxinas web.
k) A compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.
l) Instalacións, mobiliario, útiles e ferramentas.
m) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
n) Investimentos non relacionados directamente coa actividade empresarial desenvolvida pola entidade solicitante.
o) Os gastos de alugamento de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
p) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
q) Adquisición de terreos.
r) As taxas por licenzas administrativas.
s) O imposto sobre o valor engadido (IVE), así como calquera outro imposto.
t) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
u) Os xuros debedores.
v) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como «outros» ou partidas a tanto global.
w) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda.
Condicionantes: Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 20.000 € e/ou superior a 250.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente.
Prazo de solicitude: ata o 28/02/2025.
Cantidade: A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.