Ata o 20 de febreiro: Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos

0

Convocatoria de subvencións a fondo perdido e sen concorrencia competitiva para aumentar a sensibilidade cidadá en relación coas alteracións ou impactos en relación coa paisaxe, é dicir, en que diversas actuacións xeraron transformacións que deterioraron o carácter ou a calidade da paisaxe, así como sensibilizar e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas administracións públicas.

Persoas beneficiarias: As persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións establecidas no ordinal segundo da presente resolución. A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo, durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda.

Actuacións subvencionables: Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.  Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas. Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

 Gastos subvencionables:

a) Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, tales como, entre outros, os materiais e a man de obra.

b) Gastos correspondentes a honorarios facultativos devindicados pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a execución das actuacións, así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa realización. Estes custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen non poderán superar o 10 % do investimento subvencionable.

c) Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

En ningún caso serán subvencionables os gastos realizados con anterioridade á data de publicación no DOG da presente resolución.

Prazo de solicitude: desde o 20/01/2025 ás 00:00 horas ata o  20/02/2025 ás 23:59 horas.

Cantidade: O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

Enlace á convocatoria

 

Share.