Ata o 17 de febreiro: axudas para investimentos de asociacións, colectivos veciñais, comunidades de augas, etc.

0

Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (PR487A). Trátase de axudas específicas para investimentos que teñan como finalidade a de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.

Persoas beneficiarias: As asociacións de veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia (en diante, entidades).

 Actuacións subvencionables

a) Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.

b) Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.

Prazo de solicitude: ata o 17/02/2025.

Cantidade: A axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2).

Ligazón á convocatoria

 

Share.