O Concello publicou hoxe a media mañá en Facebook unha ampla galería fotográfica con todas as imaxes recibidas dentro do concurso San Sadurniño en flor, no que participaron 89 veciñas e veciños dentro das catro categorías convocadas: decoración de negocios, novas composicións exteriores, fiestras e balconadas e, como novidade, o apartado de xardíns máis vistosos pensado para premiar o esmero e a dedicación coa que se coidan e preparan durante anos os xardíns das casas. Os galardóns en cada categoría entregaranse o domingo pola mañá -11.00 h- nun pequeno acto no patio interior da Casa do Concello ao que serán chamadas ao longo do día de hoxe todas as persoas premiadas.
O xurado, formado por viveiristas locais, revisou hai uns días todas as fotografías e vídeos enviados ao concurso para analizar, ao seu xuízo, cales foronas mellores composicións de cada apartado. Non o tiveron doado por causa do elevado número de participantes -89- e de instantáneas, que pasaban das 250.
Á categoría de decoración exterior de negocios só concorreron 5 establecementos, mentres que para o apartado de novas composicións florais -o máis numeroso- se recibiron 34 candidaturas, seguido con 33 do de xardíns máis vistosos e con 18 da sección de fiestras e balconadas.
Deste modo, o Concello entregará os 35 premios previstos, consistentes en lotes de produtos de empresas locais relacionadas co sector primario e a hostalaría.
Na organización desta segunda edición de San Sadurniño en flor volveron implicarse as concellarías de Desenvolvemento local e Cultura, co obxectivo de que o municipio se “vestise de flor e das cores da primavera para ofrecer a súa mellor cara”, tal e como apunta Amparo Calvo.
Pola súa banda, Manolo Varela -responsable de Desenvolvemento local- apunta que outro dos obxectivos do certame foi o de “apoiar tanto ao sector viveirista do territorio -que subministrou a planta- como ao tecido hostaleiro”, ademais de servir como evento substitutorio da Feira da Plantación que neste 2021 tampouco se puido celebrar. Varela engade que San Sadurniño en flor “tamén é un dos argumentos que utilizaremos para tentar conseguir a segunda estrela do clube Vilas en Flor, ao que accedimos o ano pasado por primeira vez”.
Os premios entregaranse o domingo ás 11.00h no patio interior da casa consistorial. A relación de persoas galardoadas é a seguinte:
XARDÍNS MÁIS VISTOSOS
- Ana Belén Rodríguez Calderón
- Loli Horjales Riola
- María del Mar López Vellón
- María Rosario Fonticoba Bellón
- Marián Arroyo López
- Marina Merlán
- Mónica Saavedra Prieto
- Rosa Romero Carballo
- Verónica Bermúdez López
- Verónica Ferreirós González
XANELAS E BALCONADAS
- Ángeles Castro Tembrás
- Isabel González Pena
- Mª Carmen Hermida Tembrás
- Mª del Pilar Rodríguez Vergara
- María del Carmen Bouza Muíño
- Mercedes Roca Cobelo
- Paula María Rañal Díaz
- Regina Cinza Novo
- Susana Mariño Villadóniga
- Susana Rañal Díaz
NOVA COMPOSICIÓN FLORAL EN EXTERIOR
- Ana Fernández Aneiros
- Ángeles Meijide Fernández
- David Tembrás Alonso
- Haydée Rodríguez Rodríguez
- Iago Lourido Calvo
- María Ferreira González
- María de los Ángeles Villar Pérez
- Noemi Carballido Tembrás
- Purificación Soto Buyo
- Rosa Torrente
NEGOCIOS
- Cesárea García Prieto
- Manuel Calvo Hermida
- Mónica Muíño García
- Pilar Dopico Campos
- Residencia A sua Casa