Tres semanas en nivel de restricións máximas

0

Desde esta medianoite están en vigor as novas medidas decretadas pola Xunta para tentar frear o avance do coronavirus. Na súa maior parte xa eran coñecidas por terse aplicado en concellos con contaxios disparados ou durante o primeiro confinamento. Porén, no publicado no DOG hai varios matices que cómpre ter en conta, como por exemplo a obriga de pechar ás 18.00h. os establecementos de produtos non esenciais. En calquera caso, para saber cales son os límites que estarán en vigor durante as próximas tres semanas -até o 17 de febreiro-, hai que acudir ao Diario Oficial e lelo con detemento, ou ben seguir a guía publicada esta mañá polo SERGAS na web coronavirus.sergas.gal, onde se condensa o principal. O máis destacado é o mantemento do peche perimetral do concello e do toque de recollida entre as 10 da noite e as 6 da mañá, ademais da redución dos grupos só a persoas conviventes. Tamén pecha a hostalaría, que só poderá atender entregas e reparto a domicilio, e márcase a obriga de baixar a persiana no comercio despois das 18.00h. -agás no caso farmacias, supermercados, tendas de alimentación, produtos médicos e produtos para animais, servizos profesionais, etc.-, ademais da suspensión de actividades culturais e deportivas. De feito, desde hoxe só se pode practicar deporte ao aire libre de maneira individual ou con conviventes e, en todo caso, coa máscara posta. Galicia segue nunha situación grave en canto a contaxios e presión hospitalaria. En San Sadurniño os datos facilitados pola Xerencia da Área Sanitaria indican que hoxe a media mañá había 43 casos activos, tres máis ca onte.

En aplicación das medidas de prevención, o Concello decidiu pechar a Casa da Cultura e tamén a biblioteca municipal, posto que o resto das actividades xa levan semanas interrompidas e espazos coma o ximnasio levan tamén tempo clausurados ante a dificultade para garantir que sexan lugares seguros ao cento por cento.

O DOG sinala a posibilidade de permitir o acceso a áreas de lecer, parques infantís e biosaudables sempre e cando se leven a cabo desinfeccións diarias e se garanta un espazo por persoa de polo menos 4 m². Medidas que o Concello non pode asegurar dada a dispersión xeográfica deste tipo de espazos e a loxística que requeriría telos todos controlados e en todo momento. Por este motivo, e tendo en conta que non se pode vixilar permanentemente o cumprimento da normativa, desde o Concello apélase á responsabilidade individual pedindo que non se utilice ningún destes lugares mentres a situación non o permita.

Fóra da casa consistorial só estaría aberto, polo tanto,  o pavillón municipal, aínda que exclusivamente para usos lectivos do CPI e para os adestramentos e partidos do equipo da SM2 do Aldebarán-Intasa que, ao participar nunha competición estatal, continuará coa súa actividade aínda que sen público durante os encontros.

Por outra banda tamén se lembra a recomendación de solicitar cita previa para realizar calquera xestión presencial nas oficinas municipais. Para iso débese chamar antes ao 981 490 027 marcando a extensión 1 no caso de solicitar vez para Servizos Sociais, departamento que xa requiría cita previa antes de declararse a pandemia. No caso de dispoñer de firma ou certificado dixital recoméndase que os trámites máis comúns se fagan a través da Sede Electrónica e que para as comunicacións de incidencias se empregue o teléfono ou a APP Liña Verde, dispoñible en versión web e en aplicativo para Android e iOS.

Na centraliña do Concello tamén se poderá solicitar axuda para a compra de alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade no caso de que haxa que gardar confinamento ou non se conte cunha rede de apoio familiar ou veciñal que poida cubrir este tipo de necesidades.

Canda estas medidas particulares que se adoptan en cumprimento da normativa vixente, desde o Concello insístese en que se deben por en práctica todas as obrigas e recomendacións de autoprotección: uso da máscara -tamén na actividade deportiva individual-, separación mínima de 1,5 metros, hixiene respiratoria, non fregar os ollos, o nariz ou a boca, e saír da casa só para o imprescindible, como pode ser acudir ao traballo, mercar alimentos e produtos básicos ou ir a consultas médicas. 

Tamén se insiste en que no caso de encontrarnos mal ou presentar  síntomas coincidentes cos da COVID-19, debemos quedar na casa -igual que no caso de ter un contacto estreito cun positivo por coronavirus ou de estar en espera dunha PCR- e informar ás autoridades sanitarias chamando ao 900 400 116, nunca acudir directamente ao centro de saúde. Os sinais máis frecuentes da enfermidade son os seguintes:  febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.

En espera de que as vacinas cubran a maior parte da poboación, estas son, polo momento, as únicas accións efectivas que poden manter á raia a propagación do coronavirus e a reprodución da enfermidade que causa, a COVID-19. En San Sadurniño, segundo comunicou esta mesma mañá a Xerencia da Área Sanitaria, estamos hoxe con 43 casos activos, tres máis ca onte e que hai dous días.

Medidas de prevención específicas en Galicia

LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.

  • Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
  1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
  2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
  4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
  5. Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
  6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
  9. Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS

  • Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
    As excepcións contémplanse no punto 4 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
  • Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
  • Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente.
  • As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no punto 2 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro. , que son as seguintes:

    -Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
    -Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
    -Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
    -Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
    -Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
    -Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
    -Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
    -Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
    -Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
    -Coidado de hortas e animais.

    -Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

    -Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.

    -Por causa de forza maior ou situación de necesidade.Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis:  só persoas conviventes
  • Lugares de culto: 1/3  da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 5 persoas  por túmulo agas conviventes  e 15 en espazos abertos.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
  • Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
  • As reunións laborais, insitucionais, académicas, profesionais, sindicais, etc., non poderán superar o 30% da capacidade do local e deberase respectar un tope de 30 persoas en lugares pechados ou 75 se se celebran ao aire libre.
  • En parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas ou espazos de uso público ao aire libre semellantes deberase respectar unha capacidade de 1 persoa por cada 4 m² e haberá que facer desinfeccións diarias, ademais de por a disposición das persoas usuarias xel hidroalcólico ou xabonoso no caso de que poidan ser utilizados por menores de 2 anos.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • Peche dos establecementos, aínda que se permite a entrega a domicilio ata as 00.00h.
  • Tamén se permite a recollida no local para consumo en domicilio, aínda que nese caso as persoas usuarias deberán ter en conta o inicio do toque de queda ás 22.00h.

CENTROS, SERVIZOS E ESTABLECEMENTOS SANITARIOS

  • Só se permitirá a presenza dunha persoa acompañante por usuaria/o no caso de menores, maiores dependentes ou mulleres embarazadas

COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS, GRANDES SUPERFICIES E MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • Locais e establecementos que non formen parte de centros ou parques comerciais, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade. Peche as 18:00 horas.
  • Poderán seguir abertos despois das 18.00h. e sen sobrepasar as 21.30h. os seguintes establecementos: ultramarinos, supermercados, tendas de alimentación, froitarías, peixarías, carnizarías, panadarías, confeitarías, pastelarías, estancos, gasolineiras, farmacias e ortopedias e tendas de alimentos para animais de compañía. Tamén poderán seguir abertos até as 21.30h. -salvo que teñan un horario inferior- os establecementos ou servizos profesionais. No DOG non se precisa, pero entre eles estarían talleres de reparación, servizos de instalacións e outros similares.
  • Centros comerciais e establecementos con consideración de grandes superficies: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo   30% de capacidade en cada un deles.
  • Establecementos de centros e parques comerciais: non superarán o 30% do seu aforo.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
  • Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
  • Centros e parques comerciais peche as 18:00 horas, asi como durante os sábados, domingos e festivos. Quedan exceptuados dos límites horarios indicados a parte do local destinada a venda de productos alimenticios, hixiénicos e de primeira necesidade
  • Mercados ao aire libre:  50 % dos postos habituais ou autorizados.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS DE ACTIVIDADES DE SERVIZOS PROFESIONAIS

  • Horario de peche ás 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa Normativa vixente un horario inferior.
  • En centros e parques comerciais ou grandes superficies deberán pechar os sábados, domingos e festivos.

 

ACTIVIDADE DEPORTIVA

  • Só ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
  • Suspendidas as competicións deportivas a nivel autonómico.

CAZA E PESCA

  • A práctica está permitida de maneira individual ou con conviventes dentro do límite perimetral de cada concello
  • Da prohibición de entrada e saída dos concellos, así como a limitación de grupos de non conviventes, exceptuaríanse as batidas para o lobo e o xabaril “de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/2021 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común”. Na excepción entrarían tamén as batidas por danos á agricultura ou á gandaría -previa comprobación da xefatura territorial competente en medio ambiente- e as accións de caza motivadas por accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES

  • Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa  capacidade.
  • Peche temporal dos albergues turísticos e de casetas de información turística.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% cun máximo de 25 persoas respecto do máximo permitido.

TRANSPORTES PÚBLICOS E PARTICULARES

  • En buses e trens poderán ocuparse todos os asentos, aínda que se procurará -de acordo co nivel de ocupación do vehículo- manter a máxima separación posible entre persoas viaxeiras. O uso da máscara é obrigatorio
  • Nos taxis non poderá usarse o asento dianteiro e só poderán desprazarse en cada viaxe persoas conviventes. O uso da máscara é obrigatorio
  • En vehículos particulares  permítese o desprazamento de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo ou para levar menores a un centro de ensino. Só poderán ir dúas persoas por fila de asentos e sempre con máscara. Estas limitacións non se aplicarían no caso de conviventes

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL

  • Mantéñense as clases presenciais nos centros de ensino e tamén a actividade nas escolas infantís
  • Nas universidades o curso retomarase o 8 de febreiro mediante teleformación. As clases presenciais retomaríanse a partir do 17 de febreiro.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL SUSPENDIDA NOS SEGUINTES CENTROS

  • Escolas oficiais de idiomas.
  • Escolas de arte e superior de deseño.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • Escola Superior de Arte Dramática.
  • Conservatorios de música.
  • Conservatorios de danza.
  • Escolas de música.
  • Escolas de danza.
  • Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
  • Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
  • Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
  • Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Peche das actividades.

ACTIVIDADES  NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:

    I.1. Espectáculos cinematográficos.
    I.2. Espectáculos teatrais e musicais.
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
    I.5. Espectáculos deportivos.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.II. Actividades recreativas:
II.1. Actividades culturais e sociais.
    II.2. Actividades deportivas.

Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico. Os correspondentes adestramentos quedarán sometidos ás mesmas limitacións ca o resto da actividade física e deportiva, debendo respectarse as limitacións  de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e as limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno.
Poderase practicar deporte ao aire libre, só de xeito individual ou con persoas conviventes, e sempre usando máscara.

    II.3. Actividades de ocio e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.III. Establecementos para o público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
        III.1.1. Cines.
        III.1.2. Teatros.
        III.1.3. Auditorios.
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
        III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos
III.1.7. Recintos feirais.
III.2. Establecementos de actividades recreativas:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
        III.2.2.1. Estadios deportivos.
        III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
        III.2.2.3. Recintos deportivos.
        III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
        III.2.2.5. Ximnasios.
        III.2.2.6. Piscinas de competición.
        III.2.2.7. Piscinas recreativos de uso colectivo.
    III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais:
        III.2.4.1. Museos.
III.2.4.2. Bibliotecas.
III.2.4.3. Salas de conferencias.
III.2.4.4. Salas polivalentes.
        III.2.4.5. Salas de concertos.
    III.2.5. Establecementos de restauración.
        III.2.5.1. Restaurantes.
         III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
       III.2.5.2. Cafeterías.
       III.2.5.3. Bares.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
III.2.8. Centros de lecer infantil.
Share.