Solicitude do Bono Concilia

0

O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición do 24 de maio a orde pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondospúblicos, a través do denominado Bono Concilia.

O obxecto neste caso é establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia (procedemento BS403A), e proceder á súa convocatoria para o curso 2017/18.

O prazo de solicitude destas axudas convocadas pola Consellería de Política Social finaliza o 26 de xuño. Axudas a persoas traballadoras e familias monoparentais que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos ou fillas.

Descargas:
Orde publicada no DOG

Share.