O Concello de San Sadurniño conta desde 2014 cunha Sede Electrónica a través da que facer todo tipo de trámites telemáticos. A sede é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano. Ademais, nesta sede virtual tamén se publican as convocatorias de emprego público e doutro tipo coa mesma validez legal que nos diarios e taboleiros oficiais. Outra ferramenta imprescindible para as empresas que traballan ou queren traballar co Concello é o Perfil de Contratante, onde se publican cos mesmos efectos os concursos e procedementos esixidos pola lei.
Actividades culturais e deportivas
- Solicitude de inscrición en aula de actividades
- Solicitude de reserva de instalacións
- Solicitude de inscrición en actividades deportivas
Circulación e vía pública
- Solicitude de autorización para a ocupación (temporal) da vía pública
- Comunicación previa para a colocación de rótulos e carteis
- Licenza de vaos
- Retirada de vehículo da vía pública
- Solicitude acondicionamento camiños e terreos
- Solicitude contedores e material urbano
- Solicitude de puntos de luz
- Solicitude recollida de animais
- Solicitude de recollida de utensilios voluminosos
- Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para discapacitados
Padrón de habitantes
Urbanismo
- Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento
- Certificado urbanístico
- Comunicación previa de cambio na actividade
- Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade
- Comunicación previa de obra
- Comunicacion previa de obra de adecuación de local para actividade
- Licenza de primeira ocupación de edificios
- Prórroga de licenza de obras
- Restaurar a legalidade urbanística
- Solicitude de comprobación previa ao inicio da actividade
- Solicitude de licenza de actividade
- Solicitude de licenza de demolición
- Solicitude de licenza de edificación
- Solicitude de licenza de movementos de terra e muros de contención
- Solicitude de licenza de segregación e parcelamento
- Solicitude de licenza de talla en procesos urbanísticos
- Solicitude de información urbanística
- Transmisión de titularidade de licenza para acometida de auga e rede de sumidoiros
Nese marco legal, unha das liñas fundamentais de actuación dirixiuse a mellorar os sistemas de información sobre a actividade contractual, creando novas figuras, como o perfil do contratante e as plataformas de contratación que, a través da Internet, constitúen ferramentas de grande axuda para coñecer e seguir os procedementos contractuais abertos ou en curso e mesmo de coñecer posibilidades de negocio co sector público.
Desde aquí podes acceder e consultar os anuncios de información previa, das licitacións en curso e documentación de interese (pregos, datas de apertura, publicacións en outros medios), das adxudicacións provisionais e definitivas, ou dos puntos de contacto e medios de comunicarse co órgano de contratación do Concello de San Sadurniño.
Podes consultar, a partir das ligazóns mostradas a continuación, os procedementos de contratación publicados.
Procedementos abertos
Procedementos pendentes
Procedementos adxudicados provisionalmente
Procedementos adxudicados
Procedementos anulados
Procedementos desertos
Buscador avanzado