San Sadurniño presenta as súas experiencias en París

0

O Técnico de desenvolvemento local do Concello de San Sadurniño participou durante os últimos días nun encontro académico en París no que presentou as experiencias locais en distintos ámbitos, como por exemplo a participación cidadá ou a planificación territorial. Ignacio Fernández asistiu ás xornadas convidado pola Universidade de Santiago, unha das participantes no proxecto internacional Urban Dynamics.

Este é un proxecto europeo financiado polo programa Erasmus + onde están presentes as universidades de Santiago de Compostela, París 8, Kiel (Alemaña), do Salvaldor (Arxentina) e a Federal de Pernanbuco (Brasil).

Entre os días 14 e 20 de marzo celebrouse un simposio en París onde o profesorado das universidades e persoas expertas externas, debateron sobre as experiencias no ámbito da xestión integral de espazos urbanos, de cara a crear un novo título universitario europeo que prepare persoal técnico na materia.

Ignacio Fernández asistiu ao evento celebrado na Universidade Paris 8 en calidade de convidado do Departamento de Xeografía da USC, para presentar a experiencia municipal no ámbito da participación cidadá, da planificación urbana, ou do uso das instalacións municipais, como son a Horta de froiteiras ou o futuro Centro municipal de empresas.

– See more at: http://workplace.afaisca.com/gl/novas/contenido/0388_gl.html#/-1/

Share.