Resolución de admisións na Aldea de verán para o mes de agosto

0

A Aldea de Verán é un programa do departamento de Igualdade que busca ofrecerlle á rapazada de entre 3 e 12 anos un espazo de lecer e educación durante as vacacións estivais, ao tempo que lles facilita ás familias conciliar traballo e coidado dos nenos e nenas neses dous meses en que están na casa. Para este ano ofertáronse entre 40 e 45 prazas que cubriron por orde de solicitude dándolle prioridade ás familias empadroadas no municipio.  

Finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, en data 14 de xullo de 2017, recibíronse 39 solicitudes que se corresponden con 17 empadroamentos no concello de San Sadurniño, 2 con vinculación laboral no municipio, 4 con relación escolar no cpi e 16 sen vencello de ningún tipo co concello.

Resolución coas admisións no programa Aldea de verán 2017 correspondentes ao mes de agosto

 

Share.